Tendo en conta o feito de que é un sector cun trato moi cercano cos nosos veciñ@s , é evidente que é un termómetro idóneo para tomar a temperatura da situación socio-económica do noso municipio. E, ao mesmo tempo, un importante punto de encontro á hora de escoitar propostas e ideas para tentar , na medida do posible, dinamizar e potenciar o sempre feble pequeno comercio.
No programa de Paco Fumega, para mellorar este eido ; propomos melloras coma a simplificación de trámites administrativos, apoio integral ao Centro Comercial Aberto, programas de axudas municipais para emprendedores , modernización da Praza de Abastos, implantación de wi-fi nas rúas comerciais, elaboración dun programa estratéxico de apoio ao comercio e , por suposto, o compromiso de que o abastecemento do Concello se vai a facer nos proveedores locais cun compromiso de pago ineludible de 45 días.
A presenza do ex-presidente do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes e Empresarios, Adolfo Nogueira, na nosa lista ; personifica o compromiso da nosa equipa co sector comercial.
Aqui vos deixamos unhas fotiños da xornada da mañá.
Saúdos!!!
Moi boas fotos, e sobretodo moi boas ideas!
ResponderEliminarSería un puntazo ter rede wifi nas zoas comerciais, unha vila coma o Carballiño debe estar conectada, adiante co vosso proxecto.
Xenial o blogue Yolanda
Keep it up!
graciñas Tamara coma sempre!
ResponderEliminarsi, consideramos que é moi bo idea e totalmente imprescindible!
De verdade , millóns de grazas!estes ánimos dan moita enerxia!