Chegado o momento, non atopei as verbas nin a inspiración pra falar de min propia e ademais , parecíame un exceso de egocentrismo ao tratarse do blog co meu nome; polo que decidín que llo ía pedir a un bon amigo, coa idea , así mesmo, de que desta maneira , se xerara maior dinamismo nestas actualizacións diarias.
Así pois , hoxe atopeime ,con estas lindas palabras, de todo inmerecidas pero escritas con toda a mellor vontade por unha persoa que ben me coñece dende fai tempo........
Con toda sinceridade vos digo que me asolaga a vergonza, pero é tan belo o escrito que non merece ficar no caixón.
"Iolanda Otero Barroso é unha rapaza que merece que fiques a escoitala un chisco. Unha primeira distancia que marca, que non timidez, quizaves poida golpearte, pero si segues veras que é froito de esa manobra tan nosa, galega, e tan intelixente, por veces, “Gardarnos” O que facemos, un a un, o noso pobo.
Ao pouco, se é que ve que es verdadeiro, xa abrirá os ollos e romperá a falar e non minto se digo, que nunca lle oin unha verba que non fora verdade.
Galega, “conditio sine quanum”, tan natural nela coma a conciencia do propio común, do que nos fai común cos outros, con todos nós coma consciente da súa situación e necesidade de supervivencia, pola pervivencia propia. Unha galeguista nidia, loaira (coma o ceo gris despois do trebón, ise Sol veloz tra-las nebras).
Nunca lle oin unha verba non nosa e sei que fala idiomas.
Nunca lle oin faltar a nadie, e non hai igualdade sen respeto ao outro.
Nunca lle vin deixar de axudar a nadie, e socialismo é solidaridade, entre carballiñeses, entre galegos, i entre todos os que necesiten unha mao, sen preguntas, estean donde estean, onde foron levados.
Independente. Isto fai que non se ligue a seguidismos nin dogmas de claquer crás, sen sentir a vertixe da soia lealtade a verdade, xa que é unha cidadán exemplar e activa, e unha filla e muller de familia, que non perdeu un día de volver a O Carballiño se pode ver a vila e a familia, sangue e terra.
Unha de nós, dos bós.
Quizaves, importante tamén, posue a formación necesaria (quen lle dera algún/algúa que nos ten su-lo pé) para poder sacar a O Carballiño, xunto con Paco Fumega e todo o equipo e a lista, que vale mais un cidadán que tódolos caporais do mundo, adiante nesta nova etapa, que despois da dor da crise e non só, destes últimos anos, merece O Carballiño.
Deixen facer a quen sabe coñece e aposta pola vila de O Carballiño e calquer vila, Ourense e a Galicia toda, ise vento que limpe, que non manque, que axude a outra rogada de carballiñeses tirar adiante, hoxe e sempre, porque sen medo de nada, sen medo da nada, non hai derrota. A derrota nun galego digno non existe, é a paciencia. O futuro é so un sitio des´donde mirar para o hoxe. Deiquí quizaves a baza que rompa o xogo a prol de Iolanda, i os seus, todo o seu equipo, i e que, están cargados de futuro. Hoxe a mocidade no Carballiño, xa nin emigra nin marcha, polos seus, van, adiante."
No hay comentarios:
Publicar un comentario