jueves, 5 de mayo de 2011

QUEREMOS QUE NOS COÑEZAS (6)

No día de hoxe, en que comeza a conta atrás para o inicio da campaña, achegámonos a coñecer ao noso compañeiro RAMÓN ANTONIO MATEO, unha das apostas máis xoves da candidatura.

Aquí vos deixamos coas súas verbas de presentación:

"Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas, nin para recrearvos coa súa grandeza e co espírito de xustiza que as anima, senón para levalas a todas partes.
(Pablo Iglesias)
Preséntome con esta frase do fundador do PSOE, xa que penso que é unha frase que a xente que aínda non se identifica con ningun partido político ou está cansa da clase política debe coñecer.
Eu identifícome con ela e por iso concurro a estas eleccións que se celebran o vindeiro 22 de maio 2011 baixo estas siglas.
 
 
 Dende fai uns anos veño participando en diferentes actividades que se desenvolven no Carballiño:
Colaborei na organización das festas do San Cibrao 2006.
Fai tres anos que son o presidente do Carballiño F.S. o cal é o primeiro equipo de futbol sala da provincia de Ourense, e na actualidade conta con 60 rapaces nas súas categorias inferiores ( tres equipos femininos e tres masculinos) un logro conquerido gracias ás diferentes persoas que traballan ao meu lado no fútbol sala; actualmente Tuca,Victor, Juan Ucha, Alberto, Caiña, Higinio, Gabi, Isaac e Cristian nesta tempada e en anos anteriores Toño, Julio, Marnotes......gracias a todos.
Outra das actividades nas que participei foi a elaboración do plato de pulpo máis grande do mundo na que estabamos A Botica, Xantares e Moma un evento que axudou a que O Carballiño fose coñecido máis alá das fronteiras do noso país.
Seguiremos traballando para que esta vila siga sendo o motor económico e social da provincia de Ourense. 
Un saúdo
Toni"





Servindo no polbo, de esquerda a dereita: Nano, Toni e Silvia.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario