Foi un debate moi interesante no que se tocaron os aspectos máis significativos en torno a este tema. Laura Seara e Paco Fumega, nas súas exposicións, deixaron claro a necesidade de acadar a igualdade real, nos salarios, emprego, vida familiar...., non só como medio para acadar unha maior xustiza social se non como unha necesidade efectiva do conxunto da sociedade para acadar a eficiencia económica e social como método de progreso. De feito, está amplamente demostrado, que as sociedades máis desenvolvidas, son asi mesmo , as máis igualitarias.
Así mesmo, o candidato socialista á alcaldía do Carballiño, Paco Fumega, pediu o compromiso de Laura Seara para por en marcha un proxecto de creación de emprego para as mulleres da comarca, fundamentalmente aquelas que están en risco de exclusión.
A Directora Xeral do Instituto da Muller, asumiu o reto do noso candidato e anunciou o seu compromiso para levar adiante esta iniciativa. Durante a súa intervención, lamentou que o Goberno de Galicia opte por unha lei regresiva que relegue ás mulleres ao ámbito domestico, Laura Seara, considera que é unha volta ao pasado e que non ten nada que ver con todo aquelo polo que se está a traballar dende o Goberno central , o que se traballou no goberno progresista da Xunta (2005-2009) ou nos países máis avanzados.
Seara afirmou que seguirá traballando pola igualdade e manifestou o seu apoio ás propostas sobre Muller, igualdade e conciliación da vida familiar que quere levar adiante a nosa equipa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario