Hoxe queremos que coñezades o perfil do noso número 2, MANOLO DACAL, o penúltimo candidato que imos coñecer de preto nesta listaxe ascendente que comezamos xa fai un tempiño neste blogue.
Dicir, antes de deixarvos coa súa auto-presentación, que Manolo Dacal ; aínda que é unha persoa ben coñecida por tod@s vós no Carballiño, sorprende pola súa simpatía e enerxía desbordantes.
Así se presenta o noso compañeiro:
"Nacín nunha pequena aldea do interior de Galicia pertencente ao Concello de Piñor (Paredes-A Devesa), pero trasladeime a vivir ao Carballiño aos oito anos; levo na vila da cal me considero un carballiñés máis, uns 43 anos.
Estou casado e teño dúas filllas de 28 e 24 anos, respectivamente.
Considérome unha persoa partícipe na maioría das actividades da nosa vila e ao mesmo tempo emprendéndoas; dirixín algún clube deportivo en categoría Nacional e , considérome un asiduo a calqueira actividade deportiva.
A miña vida transcorre nun ámbito familiar e local, encántame o día a día cos meus veciños, atender as súas inquedanzas e botar a partida de dominó ou subastado.
Fai catro anos, lanceime á vida política da vila , foi unha experiencia da que me sinto orguioso e defendín as Concellerías de Deporte, Comercio e Turismo.
Decido seguir nestes catro anos vindeiros e poñer a disposición dos meus compañeir@s e veciñ@s da vila os meus sinxelos coñecementos. Axudar no posible e, como non, seguir aprendendo.
Unha aperta."
Unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdeG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, e a mín coma candidata que vai nesa lista. Aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario