Paco xa escomenzou á mañá , reuníndose con xente de Fomento para tratar proxectos que nós queremos traer para o Carballiño e que van cambiar a faciana da nosa vila; desculpade que non vos concretice moito máis , pero teremos que agardar ata dar saída oficial á campaña , xa vos contarei como remata o tema , pero visto o seu empeño , estou case convencida de que chegaremos a bon porto.
Por outra parte, seguen adiante os proxectos iniciados; hoxe durante case toda a tarde, estivemos traballando na axenda dos próximos días, parece sinxelo pero resulta complicado conciliar os tempos de todos os membros da equipa para podermos chegar á xente coas nosas propostas.
Namentres pechamos o calendario ata o próximo día 22; rematamos de maquetar o programa, baseado no consenso e nas inquedanzas dos carballiñenses e deixamos case preparada a nosa revista, que sairá á rúa máis pronto do que pensades!
Ao final do día; Paco , Rita e mais Tato, achegáronse ata Partovia para visitar aos seus veciños e facer patente o noso compromiso co rural, de seguro que non vai a quedar casa, aldea nin parroquia sen visitar.
Xa por último, queremos ,dende esta plataforma, agradecer a implicación absoluta do noso compañeiro Carlos Montes , que coa súa entrega nos fai crer na xente comprometida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario