Coa campaña xa iniciada, hoxe pola mañá decidimos facer a nosa grande aposta pola recuperación do patrimonio do barrio máis antigo do Carballiño, o de Flores; onde o Carballiño, coma tal, naceu fai máis de 300 anos.
Así pois, ás 11:30 desta mañá de venres, Paco mais nós (a equipa de candidat@s), reunímonos cos veciños de Flores, co obxecto de ensinarlles o proxecto de recuperación e rehabilitación de espazos que conleva, así mesmo, unha potente aposta pola creación de emprego nun dos sectores, se non o sector por antonomasia, máis castigado polo contexto económico actual, o da construcción.
Somos conscientes de que na actualidade, o nivel de deterioro que presentan algúns dos edificios do barrio é importante, ata o punto de que pode afirmarse que de non desenvolver un plano de actuacións de salvagarda a trama tradicional urbana da zona do Carballiño desaparecerá. Por ese motivo, propomos unha rehabilitación axeitada das vivendas e do casco urbán utilizando materiais nobres como a madeira ou a pedra. Para elo porase en funcionamento unha oficina de rehabilitación que permita por en marcha os estudos e a toma de decisións necesarias para levar a cabo a rehabilitación proposta, pero sempre integrando a veciños, propietarios e institucións no obxetivo común de recuperar o barrio de Flores preservando deste xeito a memoria histórica da vila. Ao mesmo tempo que se xera a creación de postos de traballo.
Por outra parte, Paco , na súa exposición, anunciou o seu compromiso de mercar unha das vivendas do casco vello para levar adiante todas as actuacións de rehabilitación e deste xeito transformala na futura sede do Museo da Feira e dos Arrieiros, verdadeiro xermolo do nacemento da nosa vila.
A maiores, deíxovos aquí os enlaces do vídeo promocional que fixemos entre tod@s. Nós pasámolo moi ben facendoo , agardamos que vos o pasedes igual de ben ollándoo.........
Unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdeG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, e a mín coma candidata que vai nesa lista. Aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario