Aquí deixamos as súas verbas:
"O Carballiño é o meu lugar no mundo, aquí transcorreron episodios
fundamentais na miña vida que definiron o meu carácter e a miña
maneira de ser.
Aquí nacín,son a maior de 5 irmáns, e isto ensinoume a compartir todo o que teño.
A enfermería é a miña profesión, nela aprendín que o que necesitamos as persoas é que nos escoiten e nos animen nos momentos difíciles.
No tema persoal, son unha persoa moi tímida. Encántame compartir a miña vida, xa desde fai 30 anos, co meu marido e os meus fillos, eles son o meu refuxio. Gústame bailar, escoitar música, pasear é ir ao cine.
A miña actividade política comeza en Piñor, concello onde desempeñei o meu traballo como enfermeira durante vinte anos, nos cales coñecín a marabillosa xente do noso medio rural, que me conquistou para sempre. Loitamos arreo para conseguir a alcadía, pero neses momentos dinme conta de que a miña labor como profesional facía que me recibisen en todas as casas cos brazos abertos (me votasen ou non)
En Piñor fun a primeira muller concelleira, paseí catro anos na oposición e catro anos máis facendo labores de goberno no campo dos servizos sociais no que traballamos con toda as nosas forzas para mellorar a calidade de vida dos veciños.
Despois deste inicio do que gardo vínculos persoais de amizade, que sei que van a perdurar durante toda a vida, iniciei fai catro anos, a andaina politica na miña vila. Entendín que debía arrimar o hombro e axudar aos compañeiros para seguir transformando O Carballiño (vías de comunicación, arranxo de prazas, paseo no río, mellora de iluminación, saneamento integral dos ríos,melloras sociais e educativas.…) . Esta foi unha decisión difícil para min, e ao mesmo tempo moi ilusionante, na pasada lexislatura traballei nas áreas de medio ambiente e servizos públicos, tratando sempre de escoitar os problemas dos veciños e loitando, día a día, para tratar de resolvelos.
O que me motiva é mellorar a vida dos nosos veciños. Pola miña forma de ser, vivo a vida tratando de facer que a xente sexa máis feliz, gústame estar ao servizo dos demais, e este é o meu principal obxetivo de traballo como concelleira.
Animo a todas as mulleres que participen en política, e ás persoas en xeral, xa que a política é a fórmula que temos para xestionar as cousas que son de todos, e nesto, as mulleres, temos moito que dicir.
A min gústame que gobernen a miña vila persoas que saiban facer que todos teñamos os mesmos dereitos, que todos sexamos máis iguais e esto conséguese só con medidas sociais (educación,sanidade,dependencia) de calidade.
Paco Fumega ten, para min, ese perfil de persoa. Gobernará pensando en tod@s, é cercano, solidario, humano, bo xestor e moi listo. Espero que co voso voto fagades posible que sexa o noso alcalde. Eu estarei encantada de traballar, para todos vós, ao seu carón"
No hay comentarios:
Publicar un comentario