domingo, 1 de mayo de 2011

QUEREMOS QUE NOS COÑEZAS (4)

Un día máis continuamos na nosa procura por coñecer mellor aos compañeir@s da candidatura.

Desta volta é a vez de ADOLFO NOGUEIRA, compañeiro na lista e tamén de aventuras virtuais na campaña.

Velaquí vos deixo coa súa auto-presentación :
"Hai 36 anos xa que ando dando voltas polo mundo;  no meu caso, a primeira foi en Castellar del Vallés, na provincia de Barcelona, a onde meus pais tiveron que ir para buscarse un futuro que Galicia non lles podía ofrecer. 

Ata os 9 anos ese foi o meu fogar e aínda hoxe manteño o contacto con algúns amigos de alí, xa que considero que é moi importante respetar e coñecer as raíces de cada un.

No ano 1984 toda a familia nos trasladamos a vivir a Zafra na parroquia da Piteira, lugar que só coñecía de tres visitas en vacacións sendo moi cativo. Dous anos de vida de aldea supuxeron un gran cambio con respecto ao que estaba acostumado;  pero no 1986, de novo, cambio de domicilio, con traslado ao Carballiño, onde meus pais tiñan xa totalmente asentado o negocio familiar de venda de calzado do que hoxe estou ao cargo.

Dende ese intre e, tal vez debido a tanto cambio en tan pouco tempo,  sinto un gran apego pola nosa vila, motivo que me levou a implicarme en gran cantidade de movementos asociativos, culturais, empresarias, educativos, deportivos, etc. Sen entrar en moito detalle podo mencionar colaboracións con Festivais de Teatro, nas Xociviga, anpas, directiva de Club Deportivo Arenteiro e a Asociación de Empresarios e Comerciantes, entidade da que fun presidente os derradeiros catro anos.

No medio de todo esto aconteceron os dous feitos máis importantes da miña vida, que se chaman David e Celia; e son eles, precisamente, os que me motivan para dar este paso cara á vida política, pois quero facer a miña humilde e modesta aportación para que poidan medrar nun Carballiño mellor e se é posible evitar que teñan que retomar o camiño que no seu dia fixeron meus pais,  porque a nosa terra non lles ofrece as oportunidades necesarias para sair adiante, e, de verdade, estou completamente seguro de que co grupo que encabeza Paco Fumega se vai a conquerir en gran medida este obxectivo."




Como a il se lle esqueceu dicir que é un grande melómano, aqui vos deixo cunha das súas cancións preferidas, que tamén poden dicir moito de como é unha persoa.......





HERE COMES THE SUN, THE BEATLES.


2 comentarios:

  1. Moi interesante a entrevista, dende logo desexovos o mellor.
    E a iniciativa do blogue moi boa idea, bravo por ti Yolanda, que como politóloga e política reflictes a cidadanía a cercanía dos seus posibles gobernantes.

    ResponderEliminar
  2. graciñas tamara! tantos halagos non se merecen, pero agradécense moito! unha aperta!

    ResponderEliminar