martes, 3 de mayo de 2011

QUEREMOS QUE NOS COÑEZAS (5)

Achegámonos hoxe ata Partovia para coñecermos a VÍCTOR MANUEL TATO SOTO (Tato).

"Son veciño de Partovia (a parroquia mais fermosa e con mais historia do Concello do Carballiño),
Formei parte da Xunta Directiva da AAVV  de Partovia, perto de sete anos, sendo unha experiencia enriquecedora na cal comprobas que os verdadeiros problemas e inquedanzas da xente son os cotiás e tentar resolvelos debería formar parte do ADN de todo político que se precie.

A xente que me coñece defíneme como soñador, utópico e idealista e ,sobre todo, confiado (dino en sentido negativo, aínda que coido que é fundamental confiar na xente, aínda que algunha vez te leves algunha decepción ou desengano)

Enlazando co anterior, o que me decidiu a "saltar al ruedo" político foi precisamente a confianza que deposito en Paco Fumega; que estou convencido que si sae Alcalde será recordado coma o mellor xestor político que tivo o Concello do Carballiño na sua historia, e gustaríame formar parte dise proxecto.

Son un defensor a ultranza do diálogo e do consenso, ata esgotar todas as posibilidades, vou con vocación de servizo público, total e absolutamente. Un sentimento ,en ocasións, exacerbado; pero considero necesario esa dose de paixón para afrontar os retos, tanto a nivel persoal como, a partir de agora, político.  

MÁIS PERSOAL

Estou casado e teño un fillo de nove anos, e gustaríame que recibira a herdanza de que outro mundo é posible; resúltame incomprensible saber que hai xente que morre de fame ou simplemente non ten auga potable, as tremendas desigualdades existentes ou  o mal repartida que está a riqueza a nivel global. Non podo nin logro entender a violencia machista e sobre todo a falla de solidariedade, de compromiso social e de desprezo á cultura por parte de certos colectivos e organismos ou mesmo de particulares. Outra sociedade máis xusta, máis culta e máis igualitaria debería ser unha fin en si mesma.

AFICIÓNS

Practico deporte regularmente (mens sana in corpore sano), encántame bailar, sobre todo baile latino.Son un lector voraz de todo xornal ou revista que me cae nas mans, membro en excendencia do GRUPO DE TEATRO CARBALLIÑÉS "TIRULEQUE" e as miñas grandes paixóns son a xardinería, e escoitar a radio (non poderia vivir sin ela).
Ademais, vou  a citar catro películas (ainda que hai moitísimas máis) de visionado obrigatorio:

- CASABLANCA
- LOS PUENTES DE MADISON
- EN BUSCA DEL ARCA PERDIDA
- TE DOY MIS OJOS

Despídome cunha frase dun anónimo , que me dixo un día:

"O MUNDO NON O VAS DAR CAMBIADO, PERO NUNCA DEIXES DE TENTALO"

e con unha maneira de ser e de actuar: (IN MEMORIAM)
"A DE MEU PAI, A PERSOA A IMITAR, O ESPELLO NO QUE REFLECTIRSE, SEMPRE AXUDANDO AOS DEMAIS, SEN AGARDAR NADA A CAMBIO, UN SER EXTRAORDINARIO, QUERIDO E MOI RESPETADO"
VAI POR TI..."




1 comentario: