Hoxe ,despois dun arduo día de traballo no que practicamente deixamos rematadas as nosas propostas electorais; reunímonos o grupo de compañeir@s que estamos volcados nesta aventura , para pasar unha noite de lecer e esparcimento , desfrutando da ruta das tapas que o compañeiro Manolo Dacal organiza dende o concello con moito éxito, por segundo ano consecutivo.
Pola nosa parte, ademais de pasar un bo rato, supón tamén a posibilidade de apoiar a un sector tan trascendente e esencial para a economía local, como é o da hostelería.
Aqui vos deixamos cunhas fotiños e o convite a que veñades a desfrutar destas noites de venres no Carballiño.
Unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdeG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, e a mín coma candidata que vai nesa lista. Aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.
viernes, 29 de abril de 2011
jueves, 28 de abril de 2011
QUEREMOS QUE NOS COÑEZAS (3)
Seguindo na liña de presentarvos aos compañeir@s da lista, hoxe é o turno de REMI CASTRO, unha xove empresaria de Mesego.
"Nacín no estranxeiro debido á emigración que asolagaba ao Carballiño na década dos 70, aínda que onde realmente transcorre toda a miña vida é no pobo de Mesego, onde vivo e traballo actualmente.
Síntome totalmente vencellada a esta parroquia ; terra de canteiros , da festa da empanada e , sobre todo, de boa xente, aínda que nos chamen os da "Revolta".
Xa saben que nos pobos, todos nos coñecemos polos motes que veñen de xeracións anteriores, polo que eu son a neta do "Cadenas" ou o que é o mesmo, a filla do "Tutes".
Estudei Ciencias da Educación en Ourense e traballei dous anos no Museo Etnográfico , "Museo do Anxo" do Carballiño.
Tralo falecemento de meu pai, escomecei unha nova etapa empresarial, levando o negocio familiar, concretamente unha carnicería en Mesego.
A vida está chea de retos e a política é un máis deles , estou aquí para traballar, escoitar , aprender e , sobre todo, axudar aos meus veciños a resolver os seus problemas".

miércoles, 27 de abril de 2011
ENCONTRO COS MEDIOS_O VIDEO
Hoxe , nun paso máis no camiño iniciado fai uns días neste blog, co que pretendemos que os compoñentes da candidatura de Paco Fumega vaian desgranando , pouco a pouco, as súas personalidades, inquedanzas, intereses e obxectivos ; imos a engadir un documento videográfico da presentación feita aos medios de comunicación o pasado 18 de abril no Café Bar Plaza do Carballiño.
Para moitos de nós era a primeira vez que falabamos ante os micrófonos e as cámaras pero , a verdade, é que tod@s saimos airosos.É o que ten ter as ideas e os propósitos absolutamente claros.
Paco esbozou algúns elementos básicos da liña programática que se vai a presentar o día 6 de Maio (día en que o autoriza a lei electoral) ; namentres, os demais fixemos unha pequena reflexión sobre o que nos levou a dar o paso de entrar na política activa e sobre a ilusión con que asumimos o proxecto dun Carballiño de futuro.
Por certo, queremos agradecerlle a CANAL 26, a televisión local, as facilidades para poder brindarvos este video.
Unha aperta, agardando que o desfrutedes.

martes, 26 de abril de 2011
QUEREMOS QUE NOS COÑEZAS (2)
Continuando coa serie de presentacións que escomezamos con Érika, hoxe queremos que coñezades mellor á nosa compañeira RITA FRANCISCO.
Aquí vos deixamos coas súas verbas.......
“Nacín no Carballiño, durante trece anos fun emigrante en Suíza.

Son casada e teño dous fillos.
Gustaríame participar na mellora das cousas nesta vila , para elo, aporto capacidade de traballo , seriedade e sobre todo, empatía. Por haber sido emigrante, podo aquí aportar ideas diferente s para a integración das persoas retornadas e dos emigrantes . Preocúpame moito que a xente xove se desilusione e perda as gañas de participar en asociacións ou outras actividades colectivas.
Dúas das miña citas preferidas para que me coñezades mellor, son:
<<A miña felicidade consiste en que sei apreciar o que teño e non desexo , con exceso, o que non teño>> (Leon Tolstoi)
<<Non pode haber grandes dificultades , cando abonda a boa vontade>> (Nicolás Maquiavelo)
A miña película preferida é “Que bello es vivir” de Frank Capra, porque me fai entender que todas as vidas pagan a pena e sempre hai alguén a quen lle fas falla.”
lunes, 25 de abril de 2011
25 de abril : Caraveis e xornada de traballo
Hoxe querémosvos ensinar como é unha xornada de traballo para os membros da candidatura.
Namentres Paco se reuniu con diferentes colectivos e se achegou a Cabanelas, Banga, A Piteira e Santa Uxía de Lobás para preocuparse polas inquedanzas d@s veciñ@s do rural; nós estivemos traballando na exploración de outras plataformas de difusión dos nosos proxectos que melloren a comunicación cos nosos veciños e que proximamente iredes vendo.
Hoxe no 37º aniversario da Revolución dos caraveis, exemplo de revolución progresista no país veciño, temos que recordar que a raia non ten que representar unha fronteira se non un espazo de encontro para os valores da Europa como idea de progreso e do diálogo intercultural e da cooperación para o fomento do benestar entre ámbalas dúas zonas.

"Conquistamos todo o mundo
Antes de nos levantar da cama,
Mas acordamos e ele é opaco,
Levantamo-nos e ele é alheio,
Saímos de casa e ele é a terra inteira,
Mais o sistema solar e a Vía Láctea
É o indefinido".
(Fernando Pessoa)
domingo, 24 de abril de 2011
QUEREMOS QUE NOS COÑEZAS
Hoxe comezamos unha serie de presentacións nas que imos a tentar que coñezades un pouco máis á maioría dos membros da candidatura; procurando un perfil máis persoal e humano d@s compañeir@s.
A primeira é o número 10 da lista , ÉRIKA PAZ. Aquí vos deixamos co seu sentir:
"Nacín e vivo no Carballiño para min o mellor pobo do mundo.
Dende os 14 anos tiven claro que quería ser enfermeira ;o meu é de vocación. Gústame estar coa xente, escoitala, axudala a resolver os seus problemas e cubrir as súas necesidades.
Son socialista dende que teño uso de razón, para min é un sentimento que cadra á perfección coas máximas do meu partido. Dende fai uns anos decidin, que ía deixar de criticar nos bares, na casa e cos amigos e pasar a facelo onde sirva para algo; así que participo activamente na política: formo parte do comité provincial do PSdeG en Ourense. Son unha persoa independente e con ideas propias ,que expreso libremente e estou nun partido que o permite, esa é a súa grandeza, o día que non mo permita, marcharei.
Estou aquí para facer o mellor para a xente do meu pobo, contando coa xente do meu pobo".

viernes, 22 de abril de 2011
Encontro coa prensa
No pasado mércores, día 20 de abril, os membros da candidatura, mantivemos un encontro durante o almorzo coa prensa e medios audiovisuais destacados no Carballiño. No dito almorzo, quedou ben reflectida a aposta decidida de Paco e de tod@s nós pola creación de emprego no Carballiño. Co decorrer da actualidade,os nosos Concellos teñen que asumir novos retos e responsabilidades á hora de artellar ferramentas que promovan o emprego local integrado nun proxecto de desenvolvemento sostible.
No encontro, asi mesmo, fomos preguntados por todo aquilo que nos fixo decirnos a formar parte da lista electoral, o consenso foi total. Decidímonos a afrontar esta aventura polo ilusionante do proxecto que nos presentou Paco Fumega e polas gañas de traballar para a nosa vila; aportando renovación, creatividade e transparencia. Uns aportan xuventude e gañas e outr@s experiencia política e/ou asociativa ; pero todos afrontamos este reto con vontade de sermos máis capaces de ofrecer solucións, novas solucións para novos problemas!
Hoxe, no día da Terra, máis ca nunca , fagamos no local o que desexamos para a humanidade. Os recursos do noso etorno son o noso sustento , benestar e desenvolvemento ; fagamos diso unha responsabilidade común a tod@s!

Unha aperta.
22 de Abril - Comeza a conta atrás: Unha presentación rápida
Coma o que de verdade importa está a pé de rúa na nosa vila, quizáis é mellor non extenderse demasiado nas presentacións.
Mais que unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, ou a mín coma candidata que vai nesa lista, aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.
Estades todos invitados e agradézovos que participedes nel coma se fora voso, deixando o que pensedes, o que pensemos, o que queredes e credes mellor para o progreso e benestar da nosa vila e a nosa comarca.
Graciñas por adiantado.
Sodes tod@s benvid@s cun agarimoso saúdo e os meus mellores desexos, en nome de todos.
No dia no que toda a Galicia celebra o centenario de Álvaro Cunqueiro, mil primaveiras mais tamén para nosa terra.
Recordade que nos vemos mañán!!
Un agarimoso saúdo
Iolanda Otero Barroso
Candidata da lista do PSdG-PSOE ao Concello de O Carballiño

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)