Seguindo na liña de presentarvos aos compañeir@s da lista, hoxe é o turno de REMI CASTRO, unha xove empresaria de Mesego.
"Nacín no estranxeiro debido á emigración que asolagaba ao Carballiño na década dos 70, aínda que onde realmente transcorre toda a miña vida é no pobo de Mesego, onde vivo e traballo actualmente.
Síntome totalmente vencellada a esta parroquia ; terra de canteiros , da festa da empanada e , sobre todo, de boa xente, aínda que nos chamen os da "Revolta".
Xa saben que nos pobos, todos nos coñecemos polos motes que veñen de xeracións anteriores, polo que eu son a neta do "Cadenas" ou o que é o mesmo, a filla do "Tutes".
Estudei Ciencias da Educación en Ourense e traballei dous anos no Museo Etnográfico , "Museo do Anxo" do Carballiño.
Tralo falecemento de meu pai, escomecei unha nova etapa empresarial, levando o negocio familiar, concretamente unha carnicería en Mesego.
A vida está chea de retos e a política é un máis deles , estou aquí para traballar, escoitar , aprender e , sobre todo, axudar aos meus veciños a resolver os seus problemas".
Unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdeG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, e a mín coma candidata que vai nesa lista. Aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.

Ánimo Remi, mucha suerte en el camino! Tu pudes y lo sabes. Un besazo guapísima.
ResponderEliminar