miércoles, 27 de abril de 2011

ENCONTRO COS MEDIOS_O VIDEO

Hoxe , nun paso máis no camiño iniciado fai uns días neste blog, co que pretendemos que os compoñentes da candidatura de Paco Fumega vaian desgranando , pouco a pouco, as súas personalidades, inquedanzas, intereses e obxectivos ; imos a engadir un documento videográfico da presentación feita aos medios de comunicación o pasado 18 de abril no Café Bar Plaza do Carballiño.

Para moitos de nós era a primeira vez que falabamos ante os micrófonos e as cámaras pero , a verdade, é que tod@s saimos airosos.É o que ten  ter as ideas e os propósitos absolutamente claros.

Paco esbozou algúns elementos básicos da liña programática que se vai a presentar o día 6 de Maio (día en que o autoriza a lei electoral) ; namentres, os demais fixemos unha pequena reflexión sobre o que nos levou a dar o paso de entrar na política activa e sobre a ilusión con  que asumimos o proxecto dun Carballiño de futuro.

Por certo, queremos agradecerlle a CANAL 26, a televisión local,  as facilidades para poder brindarvos este video.

Unha aperta, agardando que o desfrutedes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario