lunes, 25 de abril de 2011

25 de abril : Caraveis e xornada de traballo

Hoxe querémosvos ensinar como é unha xornada de traballo para os membros da candidatura.

Namentres Paco se reuniu con diferentes colectivos e se achegou a Cabanelas, Banga, A Piteira e Santa Uxía de Lobás para preocuparse polas inquedanzas d@s veciñ@s do rural; nós estivemos traballando na exploración de outras plataformas de difusión dos nosos proxectos que melloren a comunicación cos nosos veciños e que proximamente iredes vendo.




Hoxe no 37º aniversario da Revolución dos caraveis, exemplo de revolución progresista no país veciño, temos que recordar que a raia non ten que representar unha fronteira se non un espazo de encontro para os valores da Europa como idea de progreso e do diálogo intercultural e da cooperación para o fomento do benestar entre ámbalas dúas zonas.



"Conquistamos todo o mundo 
Antes de nos levantar da cama,
Mas acordamos e ele é opaco,
Levantamo-nos e ele é alheio,
Saímos de casa e ele é a terra inteira,
Mais o sistema solar e a Vía Láctea
 É o indefinido".
(Fernando Pessoa)
                                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario