Aquí vos deixamos coas súas verbas.......
“Nacín no Carballiño, durante trece anos fun emigrante en Suíza.
Son casada e teño dous fillos.
Gustaríame participar na mellora das cousas nesta vila , para elo, aporto capacidade de traballo , seriedade e sobre todo, empatía. Por haber sido emigrante, podo aquí aportar ideas diferente s para a integración das persoas retornadas e dos emigrantes . Preocúpame moito que a xente xove se desilusione e perda as gañas de participar en asociacións ou outras actividades colectivas.
Dúas das miña citas preferidas para que me coñezades mellor, son:
<<A miña felicidade consiste en que sei apreciar o que teño e non desexo , con exceso, o que non teño>> (Leon Tolstoi)
<<Non pode haber grandes dificultades , cando abonda a boa vontade>> (Nicolás Maquiavelo)
A miña película preferida é “Que bello es vivir” de Frank Capra, porque me fai entender que todas as vidas pagan a pena e sempre hai alguén a quen lle fas falla.”

No hay comentarios:
Publicar un comentario