domingo, 8 de mayo de 2011

DOMINGO DE FESTA NA PITEIRA.

Non todo vai ser traballo nesta vida, así que hoxe collemos o andante e achegámonos á Romaría de San Miguel da Piteira; onde se ben o día non estaba bo, metereoloxicamente falando, si que se prestaba para unha festa e das boas!

Fomos ata alá un grupo xeitoso, composto por candidatos, familia e amigos. O ambiente era extraordinario, cos veciñ@s da parroquia absolutamente volcados na organización. O traballo da Cofradía, creada fai pouco máis dun ano, está a ser magnífico á hora de ofrecer aos habitantes deste pequeno lugar actividades lúdicas, culturais, relixiosas,......Onte , sen ir máis lonxe, os propios veciñ@s representaron unha obra de teatro na Igrexa de San Miguel ; sendo un dos principais promotores de todo isto, o párroco D.Emilio, cura atípico, pola súa xuventude, enerxía e ideas. Tamén , no mesmo día, se fixo acto de homenaxe ao antigo párroco da Piteira, D.Carlos, pioneiro no seu tempo coa constitución dunha cooperativa na que as mulleres do contorno (entre elas, miña nai e miña tía) acadaron unha certa independencia económica nun tempo no que o emprego feminino a ese nivel organizativo, era pouco menos que unha ilusión.

Tanto nós coma Paco Fumega, aproveitamos para saúdar e coñecer a moitos dos veciñ@s , que amosaron grande interese en conversar connosco. Unímonos a eles no xantar popular (polbo, empanada, churrasco e máis!) e pasámolo xenial, viñemos coa sensación de que son unha xente ben caralluda e divertida, que animan a calquera. Vaia, que ficamos con gañas de repetir!

Aqui van as fotiños do día de festa:


En primeiro plano e de esquerda a dereita: Alfredo Nogueira e Adolfo Nogueira, avó e neto.
Detrás, en segundo plano: Rita Francisco e por detrás dela, eu mesma, Martiño Pinal e Ana Botana.
Ao fondo, Carlos Montes.




De esquerda a dereita: Manolo Dacal, Paco Fumega e Carlos Montes.





Vista xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario