sábado, 7 de mayo de 2011

DÍA DO COMERCIO

Tal día coma hoxe, pola mañá, adicámonos a percorrer os comercios do Carballiño, para recoller o sentir dun dos colectivos máis necesarios e importantes para o progreso económico da nosa vila; como acredita o feito de que, historicamente, o entramado comercial carballiñés fose un dos principais polos de atracción para os veciños do noso contorno e para o gran número de visitantes que se achegaban e se achegan ao Carballiño ano tras ano.

Tendo en conta o feito de que é un sector cun trato moi cercano cos nosos veciñ@s , é evidente que é un termómetro idóneo para tomar a temperatura da situación socio-económica do noso municipio. E, ao mesmo tempo, un importante punto de encontro á hora de escoitar propostas e ideas para tentar , na medida do posible, dinamizar e potenciar o sempre feble pequeno comercio.

No programa de Paco Fumega, para mellorar este eido ; propomos melloras coma a simplificación de trámites administrativos, apoio integral ao Centro Comercial Aberto, programas de axudas municipais para emprendedores , modernización da Praza de Abastos, implantación de wi-fi nas rúas comerciais, elaboración dun programa estratéxico de apoio ao comercio e , por suposto, o compromiso de que o abastecemento do Concello se vai a facer nos proveedores locais cun compromiso de pago ineludible de 45 días.

A presenza do ex-presidente do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes e Empresarios, Adolfo Nogueira, na nosa lista ; personifica o compromiso da nosa equipa co sector comercial.

Aqui vos deixamos unhas fotiños da xornada da mañá.
Saúdos!!!





2 comentarios:

  1. Moi boas fotos, e sobretodo moi boas ideas!
    Sería un puntazo ter rede wifi nas zoas comerciais, unha vila coma o Carballiño debe estar conectada, adiante co vosso proxecto.

    Xenial o blogue Yolanda
    Keep it up!

    ResponderEliminar
  2. graciñas Tamara coma sempre!
    si, consideramos que é moi bo idea e totalmente imprescindible!
    De verdade , millóns de grazas!estes ánimos dan moita enerxia!

    ResponderEliminar