Hoxe comezamos unha serie de presentacións nas que imos a tentar que coñezades un pouco máis á maioría dos membros da candidatura; procurando un perfil máis persoal e humano d@s compañeir@s.
A primeira é o número 10 da lista , ÉRIKA PAZ. Aquí vos deixamos co seu sentir:
"Nacín e vivo no Carballiño para min o mellor pobo do mundo.
Dende os 14 anos tiven claro que quería ser enfermeira ;o meu é de vocación. Gústame estar coa xente, escoitala, axudala a resolver os seus problemas e cubrir as súas necesidades.
Son socialista dende que teño uso de razón, para min é un sentimento que cadra á perfección coas máximas do meu partido. Dende fai uns anos decidin, que ía deixar de criticar nos bares, na casa e cos amigos e pasar a facelo onde sirva para algo; así que participo activamente na política: formo parte do comité provincial do PSdeG en Ourense. Son unha persoa independente e con ideas propias ,que expreso libremente e estou nun partido que o permite, esa é a súa grandeza, o día que non mo permita, marcharei.
Estou aquí para facer o mellor para a xente do meu pobo, contando coa xente do meu pobo".
Unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdeG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, e a mín coma candidata que vai nesa lista. Aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.
Me encanta la iniciativa!! Conozco a Erika y se que lo dará todo y más por aquello en lo que cree, como este proyecto. Un abrazo y mucho ánimo a todos, formáis un gran equipo.
ResponderEliminargraciñas Andrea, polo apoio e ánimo! Ben se ve polas túas palabras que coñeces ben a Érica, é moi íntegra e leal a aquelo no que cre!
ResponderEliminarUn agarimoso saúdo por parte de tod@s!