Coma o que de verdade importa está a pé de rúa na nosa vila, quizáis é mellor non extenderse demasiado nas presentacións.
Mais que unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, ou a mín coma candidata que vai nesa lista, aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.
Estades todos invitados e agradézovos que participedes nel coma se fora voso, deixando o que pensedes, o que pensemos, o que queredes e credes mellor para o progreso e benestar da nosa vila e a nosa comarca.
Graciñas por adiantado.
Sodes tod@s benvid@s cun agarimoso saúdo e os meus mellores desexos, en nome de todos.
No dia no que toda a Galicia celebra o centenario de Álvaro Cunqueiro, mil primaveiras mais tamén para nosa terra.
Recordade que nos vemos mañán!!
Un agarimoso saúdo
Iolanda Otero Barroso
Candidata da lista do PSdG-PSOE ao Concello de O Carballiño
Unha ferramenta para que coñezades aos integrant@s do PSdeG-PSOE de O Carballiño que se presentan ás eleccións do 22 de Maio, e a mín coma candidata que vai nesa lista. Aquí deitaremos as verbas, cuestións e reflexións que se nos vaian presentando ao longo da campaña mentres camiñamos cara o día das eleccións municipais, neste próximo e derradeiro mes, actualizándoo xornada a xornada, día a día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Cos meus mellores desexos deiquí ao que queda ate o 22M. O sábado tiña mui boa pinta o auditorio!!
ResponderEliminarSaúdos
Muito ánimo e forza, Iolanda. Saúde e Terra!
ResponderEliminargraciñas a tod@s polos ánimos! saúde e terras do orcellón! jejejeje......unha aperta
ResponderEliminar